Thursday 18 de April de 2024

Entroido en Ortigueira


A carpa da Alameda acolleu onte a celebración do Entroido de Ortigueira. A festa arrincou ás 17:00 horas, contando ás 18:00 horas co pasacalle da charanga Alecrín.

Xa de noite, ás 21:00 horas, comezou o desfile de disfraces desde a Biblioteca Municipal Fernández Latorre ata a carpa da Alameda. Ás 22:00 horas comezou o baile, que culminou ás 00:30 horas coa entrega dos correspondentes premios e o inicio da festa do Entroido coa orquestra Miramar.